“Andar aos biosbardos” de Charo Pita en Ribeira
O 11 de setembro, sábado, tivemos con nós a Charo Pita en Ribeira.
Contar contos a pé de rúa é ben fermoso. Arredor da voz fómonos xuntando na Porta do Sol para por fin saber… o que? O que son os biosbardos!
Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto foron os protagonistas de preciosas historias de camiños, cariño, respecto e colaboración. E como nos gustou tamén cantar! Xa di sempre Charo que en Ribeira cantamos moi ben.
Moitas grazas a Charo Pita por esta tarde de cantos e contos.
Para rematar, como sempre facemos nas actividades do programa ” Ler Conta Moito”, todas as nenas e nenos do público levaron un libro en galego como agasallo, colaboración do Servizo de Normalización Lingüística. Nesta ocasión tamén o público adulto recibiu un exemplar.
Ler Conta Moito!







