Díxoo Thais e non se fale máis en Valga
A Run Run veu a Valga a contarnos a historia de Thais e descubrimos que é unha nena moi especial. Thais, unha nena que vén dunha familia de mulleres ladroas e pensa que o seu oficio xa está predestinado por esa saga familiar. Ata que descubre que non só roubando se pode gañar a vida. No seu desenrolo a obra tratou temas coma os estereotipos de xénero relacionados co ámbito laboral.





