“Fantasía coas palabras” en Ribeira
A Biblioteca de Ribeira este sábado, 28 de maio, foi de festa á Casa de Cultura de Carreira.
Ás 19.00 h comezou o espectáculo de María Faltri e Jorge Juncal no que aprendemos novas palabras e cancións… “Fantasía coas palabras” foi todo un éxito. Bailamos e cantamos ata non poder máis!
Todo o público quedou ben contento de poder participar, e ademais xa sabemos que imos ter máis socios e socias da Biblioteca, porque a todo o mundo lle encanta a idea de vir coller libros a préstamo, sobre todo agora que chega o tempo do verán.
Ler Conta Moito!





