Migallas Teatro en Ponte Caldelas

Onte a tarde as 19:00h da tarde tivo lugar na biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a través do ciclo Ler conta Moito a actuación “Brincadeiras da lingua” de Migallas Teatro. Quedamos encantados todos os alí presentes da maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de darnos a coñecer a enorme variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia. Foi un espectáculo moi participativo que contou con xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes da nosa lingua. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anécdotas.




