Conta e Canta na Biblioteca Municipal do Grove

Onte os nenos e nenas do CEIP Rosalia de Castro do Grove gozaron do espectáculo Conta Canta con Blanca Millan e R.J. Peralta
O escritor, R.J. Peralta e a ilustradora, Blanca Millán fixeron un repaso de todos os seus contos editados. Mesturaron música e narración nunha mañá moi divertida e amena na que os mais cativos participaron en todo momento das cancións e dos contos.





