Maxia na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
O mago Charly estivo connosco este xoves. A rapazada permanecía atenta ao espectáculo, e aínda que non querían crer o que estaban vendo, pensando que todo era produto da súa imaxinación… puideron decatarse de que todo era certo!
A tarde foi un éxito de asistencia, tanto a rapazada como os pais e nais presentes gozaron do espectáculo e, ata chegaron a ser partícipes cando o mago necesitou da súa axuda.





