O “Lobo Feliz” visita a biblioteca de Foz
A Biblioteca Municipal de Foz, dentro da programación do Mes dos Libros e das Letras, tivo a sorte de contar coa presenza dun lobo moi peculiar que soamentente que
re ser feliz. Miguel Guido coa sua guitarra e a súa voz vainos narrando o proceso de como “lobo feliz” a través dos consellos dos animais do bosque consigue chegar a ese estado de felicidade. A picaraxada de Foz acompañados dos seus familiares pasaron unha mañá moi divertida cantando e ouveando aos catro ventos co grandísimo lobo feliz.




