Obradoiro sobre Luisa Villata na Biblioteca de Caldas
Un grupo de rapaces achegáronse á figura de Luisa Villalta grazas a este obradoiro de ilustración a cargo de Sheila García Prado, da compañía Costa Oeste que tivo lugar o pasado venres na biblioteca pública municipal de Caldas de Reis. Os nenos e nenas tras coñecer un pouco máis sobre a vida e obra da autora elaboraron os seus cadernos usando a técnica do Zentangle. Unha tarde amena na que aprendemos un pouquiño máis sobre a homenaxeada este ano polo Días das Letras Galegas.





