08/10/2018
En outubro tampouco faltou a sesión de contacontos do venres 5 de outubro ás 5 da tarde.
¿Algúen estivo algunha vez nun restaurante?
De ser así, desta vez será diferente.
Os nenos/as que asistan ao obradoiro,
terán a oportunidade de adentrarse
nun restaurante moi especial,
no que a imaxinación e os libros
serán os ingredientes principais
dos pratos a degustar.
Esta actividade, recomedada de 5 a 8 anos e público familiar e acompañante.
Estamos preparándonos para o Día das Bibliotecas coa sesión de Ler conta moito:
Un banquete con moito conto!,
da man de Andamiaxe
Chegamos á Biblio-Restaurante e atopamos xa a mesa posta.
Posto o mantel, e sentados á mesa, tocou decoralo ó gusto porque estaba un pouco “soso”. De primeiro prato, tivemos un conto delicioso cada participante.
Gustounos moito lelo e escoller a nosa personaxe favorita.
De segundo, decoramos o noso pano coa nosa personaxe favorita. Logo dobramos o pano, e seguindo as indicacións, numeramos cada esquina. 
Baixo cada unha delas tocou ir: pegando 2 palabras/frases escollidas ó chou, escribir un nome para a nosa personaxe (non a do conto, senon a que debuxamos), poñer o que facía e finalmente o que lle pasaba.
Saíunos un conto fantástico! Cada un, orixinal e diferente.
Para rematar, a nosa “camareira” contounos o que se lle ocorrera a ela:
Os animais da selva queren abrir unha escola e escollen o que hai que aprender nela. Finalmente deciden que non foi boa idea obrigar a todos a aprender todo porque todos somos diferentes e temos diferentes habilidades.

Finalmente, como viñemos sen carteira para pagar a consumición, tivemos que pagar con tarxeta indicando cal era o noso libro favorito…
Pasámolo lambonamente ben!
Séguenos