Contacontos en verso con Yolanda Castaño na biblioteca da Estrada
O xoves 20 de xuño, a Biblioteca Municipal da Estrada acolleu a visita de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, quen levou a cabo un contacontos en verso para nenos e nenas, no cal relatou varios poemas do seu conto infantil Coller as rendas, de xeito ameno e intercalándoo con distintas conversas cos nenos e nenas asistentes, que podían participar e compartir as súas opinións sobre os diversos animais que protagonizan o conto.





