“A cabeza a paxaros” de Charo Pita en Xermade
O pasado xoves demos por pechado o curso escolar entregando os premios dos certames de narración e debuxo, tanto o das “Letras Galegas” como o “Xermadeando”. Para poñer broche a unha tarde magnífica acompañounos Charo Pita facendo unha contada do seu “A cabeza a paxaros”. Reiterar os nosos parabéns a todas as persoas premiadas e desexarvos unhas ben merecidas vacacións de verán!





