Da árbore ao libro na Biblioteca de Pontecesures
Neste venres, 18 de outubro, estivemos con Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno aprendendo sobre a labor que levan a cabo as editoriais. Os nenos e nenas de 3º de primaria do CPI de Pontecesures tamén elaboraron os seus propios libros, quedaron moi chulos!
Este obradoiro enmárcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.






