Cé Orquestra Pantasma en Carnota, cos seus Fíos do querer

O venres 25 de outubro Cé Orquestra Pantansma recalou na Axencia de Lectura Muncipal de Carnota con Fíos do querer, un espectáculo musical para meniñas e meniños de 0 a 3 anos repleto de ritmo e sensibilidade, cun repertorio fermoso que engaiolou a crianzas e maiores de comezo a fin. Xogamos, cantamos, bailamos e creamos música con instrumentos artesanais fabricados con elementos naturais. Encantounos!




