Historias fabulosas coa maxia…no Vicedo
Hoxe celebrouse unha actividade de animación á lectura moi divertida e motivadora para todos os asistentes. Ian e Elisa deleitaron aos asistentes cun espectáculo no salón de actos da Biblioteca Pública de O Vicedo onde mostraron as súas habilidades coa maxia, as sombras chinescas e…o humor.





