GÜE-GÜE visita a B.P.M. Xosemaría Pérez Parallé
A Biblioteca Municipal de Fene festexou o Día das Letras Galegas 2025 cun espectáculo adicado aos máis pequenos da casa, “Güe, güe”, de Barriga Verde. Os nenos e as nenas que viron a actuación, ademáis de pasar unha boa tarde en compaña dos monicreques adquiriron hábitos saúdables, como merendar as froitas da cesta da compra da avoa de Güe-güe.





