ARROLAR na Axencia de Lectura de Tirán (Moaña)

O venres de 16 maio poidemos desfrutar da Fundación Legar na Axencia de Lectura de Tirán.
Xavier e Martina celebraron unha sesión de arrolos na que se empregaron movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña…


Tradicionalmente estas cantigas empregábanse para relaxar e adormentar as nenas e nenos transmitíndolles serenidade, protección e amparo, favorecendo o sono, e reforzando o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.




