As historias de Pablísimo chegaron a Cambre a golpe de pedal

A tarde do mércores, 8 de outubro, a Biblioteca Central María Pita recibiu a visita de Pablísimo, co seu espectáculo sobre rodas ‘Cabicivai‘.

O público familiar de Cambre puido gozar dunha excelente sesión de divertidos contos que xurdían sen parar dunha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns.





