A viaxe do libro comeza en Cee!
O venres 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas por todo o alto. Acompañáronnos Andrea e Martín da Editorial Cuarto de Inverno que nos ensinaron como é a viaxe dun libro, dende a primeira idea para comezar a escribir ata a súa saída da imprenta. Aprendemos moito tanto nenos coma adultas de como é o proceso de encuadernación artesanal. Aínda que ás máis maiores nos costou un pouco o fío e a agulla, marchamos todas para casa cunha libreta feita por nós.
Mil grazas a Cuarto de Inverno por facelo posible.





