BPM Ribadavia celebra o Dia do Libro
Polo Dia do Libro tivemos unha mañá moi especial na biblioteca! 
Os nenos e nenas de 3 a 6 anos do CEIP Plurilingüe de Ribadavia achegáronse para celebrar connosco o Día do Libro dun xeito ben divertido. Fixémolo cun contacontos teatralizado, “Contos de lobos” de Ghazafelhos Teatro, que encheu o espazo de maxia, risas e moita imaxinación.
Durante a actividade, os pequenos non só foron espectadores, senón que tamén participaron activamente na representación, converténdose por momentos en auténticos protagonistas da historia. Encantoulles meterse na pel dos personaxes, xogar cos contos clásicos e deixarse levar polo mundo dos lobos, ás veces travesos, ás veces sorprendentes.
Foi unha experiencia chea de complicidade, na que lectura e teatro se deron a man para facer do Día do Libro unha festa inesquecible. Sen dúbida, unha desas xornadas nas que se sementa o amor polos contos e pola biblioteca 






