Palabras confeitadas na biblioteca de Xermade con Sherezade Bardají
O sábado, 31 de maio, tivemos na biblioteca de Xermade unha sesión de contos dirixido a bebés de 0 a 3 anos. Nesta sesión os bebés tiveron un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade e cos libros. Os pais e nais desfrutaron introducindo aos máis pequenos no mundo da lectura e dos libros.
Houbo contos de formigas, contos con sombras, contos con pompas de xabrón e con outros obxectos sonoros que os bebés poideron manipular despois de rematar a sesión.




