VIRAVOLTA TÍTERES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MONFORTE DE LEMOS
O mércores 24 de setembro tivo lugar na Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos un taller de marionetas de papel. Máis de vinte nenos e nenas de entre 6 e 11 anos participaron na elaboración dunha marioneta de papel.
Esta actividade tivo unha acollida moi boa, e foi altamente valorada polos nenos e nenas así como polas súas nais e pais que se implicaron na mesma.






