A biblioteca pública municipal de Rois achega Os contos do chupete de Migallas Teatro
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL GOZA COS CONTOS MUSICADOS
O alumnado de 0 a 3 anos, gozaron cos contiños acompañados de música, que a compañía Migallas Teatro presentou en Rois o pasado 27 de abril.
Ver a bebés completamente absortos no espectáculo, amosa a maxia das verbas e da música.
O espectáculo rematou con baile e festa rachada a ritmo da Saia da Carolina.





