24/08/2013
Recentemente (os días 6, 7 e 9 de Agosto) tivemos a sorte de contar con Xes Chapela na Biblioteca Municipal de Ágora na Coruña, conducindo o obradoiro creativo Libros, imaxes, curtametraxes. Todo un exercicio de creatividade vencellado aos libros, e neste caso aos cómics, xa que o obradoiro formaba parte das actividades que dende as Bibliotecas Municipais da Coruña se viñeran preparando para celebrar o mes do cómic e en colaboración co Concello da Coruña e o programa Ler Conta Moito.
Se ben a afluencia nas inscripcións foi máis ben reducida, as duas persoas que acudiron ao obradoiro, dada a formación dunha delas, derivou nunha complicidade propia na que se mezclaba a creatividade e o interese no mundo audivisual de xeito directo. Así, aproveitando a celebración nesa semana do festival de cómic Viñetas desde o Atlántico, durante os dous primeiros días decidiuse montar unha curta que recollera o espíritu do cómic na cidade e amosar a grande cantidade de eventos que se estaban a celebrar en diferentes espazos, todos eles en relación ao cómic.

O resultado tomará forma de curtametraxe tomando como escenarios os diferentes espazos expositivos da cidade, as charlas dos autores presentes no festival de Viñetas, e todo o ambiente que na cidade se estaba a respirar mentras se celebraba toda a semana. Así que desde as Bibliotecas Municipais da Coruña invitámosvos a seguir o noso blog de cómic, onde será publicado o resultado creativo deste obradoiro en canto estea rematado.
Un placer contar con Xes e o seu entusiasmo creativo!
Séguenos