PERDER O MEDO A TRAVÉS DA POESÍA NA BIBLIOTECA ” O FROXEL” FCO.A.VIDAL – ARTEIXO.
O martes 10 de outubro, na Biblioteca Municipal de “O Froxel” Fco.A.Vidal no Concello de Arteixo, tivo lugar o obradoiro Perder o medo a través da poesía a cargo de María Canosa.
O obradoiro de María Canosa, foi unha sesión de narración na voz dunha nena (a propia autora) que tiña pequenos temores, pero que aprendeu a expulsalos lembrando poesías.
Cada un dos poemas trata sobre un dos medos que normalmente afectan á infancia (escuridade, trekking, pallasos, médicos …), ao final dos cales, móstranse os motivos polos que este pánico debe ser
eliminado. Foi unha sesión moi amena que fixo disfrutar a nenos e maiores.

























Séguenos