Deseño de mochilas (O Faiado de Nin) na Biblioteca de Meicende “Antón Castro” – Arteixo


As crianzas decoraron as súas mochilas segundo os gustos e a imaxinación de cada unha.
A monitora guiou, aconsellou, atendeu as preguntas e suxestións de todas e con iso fóronse moi contentas de ter asistido e de levar as mochilas para a casa.
Temos que destacar a calidade do material aportado por Patricia, tanto das mochilas en si como do resto de teas e abelorios con que se decoraron.









O día 24 de outubro, durante unha hora, con pinturas de dedo e seguindo as instrucións de Isabel, as crianzas asistentes ao obradoiro, puxeron en marcha a súa imaxinación e fixeron divertidas composicións. Pintaron gran variedade de obxectos e animais, sendo os protagonistas as bolboretas e os dinosauros, aínda que houbo quen preferiu facer creacións con extraterrestres.
Leo viaxou a países máxicos como India, China e Exipto para aprender trucos de maxia, tamén estivo co Principiño que lle regalou un planeta. Co que aprendeu en cada lugar as crianzas pasárono de marabilla. Tamén foi divertida a granxa que se formou coa intervención da rapazada. Todo estivo acompañado pola música e por efectos especiais que converteron a actividade nunha festa na que os fíos conductores foron os libros.
Bebés (de 1 a 3 anos) e maiores pasárono estupendamente participando de maneira moi activa nesta actividade na que Charo Pita cantou, acompañada de guitarra e de tambor africano, cancións das que tanto a letra como a música son da súa autoría.




Séguenos