“Camiños ” de Magín Blanco na Biblioteca de Cee
Para pechar o Programa “En xuño…Ler tamén Conta Moito,” tivemos o pracer, este luns 18 de xuño, de contar coa actividade “Camiños” de Magín Blanco. A Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”, ateigouse de nenas e nenos da Escoliña de Cee, e de infantil das unitarias de Brens e Pereiriña. Arredor de 70 rapaces disfrutaron e foron partícipes dun espectáculo, donde conflúen a música, o teatro, a poesía e os contos, para estimularen e enriqueceren a imaxinación e a creatividade da xente miúda.
Aproveitamos a visita de Magín Blanco, para que nos dedicara as obras da súa autoría, que temos no noso fondo bibliográfico.
Séguenos