A Biblioteca Ánxel Fole de Nós (Oleiros) énchese de maxia

O venres, 26 de setembro, a Biblioteca de Nós encheuse de maxia co espectáculo de Chrystyan Magic.
A actividade levou por título “Na senda da serpe alada” e cautivou a todo o público presente que se amosou moi participativo e con moitas gañas de disfrutar.
Chrystyan Magic fixo gala de simpatía e bo humor, pero sobre todo sorprendeu cos seus trucos e xogos de maxia.
O espectáculo desenvolveuse entre risas, aplausos e admiracións. Ao remate, como en todas as grandes actuacións, o público pediu máis, polo que Chrystyan Magic, moi amablemente, regalounos un último truco para despedirse.












Séguenos