Marisa Irimia e a capitana Mariana en Vilaboa, Culleredo

Biblioteca navegante
Un solleiro día 5 de maio, ás 6 do serán, na biblioteca de Vilaboa, Culleredo, quedamos marabillados coa fermosa historia da capitana Mariana e a súa biblioteca navegante. Con ela, chegamos ao país de Sapolandia, onde a princesa sapiña descubre que as motos corren máis que os sapiños.

En Sapolandia







Rapaces de Culleredo desfrutaron desta actividade de novo, con Iria Mejuto. Foi na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo, o xoves 22 de xullo. Pasárono moi ben reciclando vellas caixas, convertíndoas en agasallos. 




Séguenos