Autores con pegada na biblioteca de Bertamiráns
O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

A través do marabilloso invento da cinecleta coñecemos cousas moi interesantes: cousas sobre o cinema, sobre as illas Atlánticas e vimos e escoitamos preciosos contos. Unha actividade completa que fixo as delicias de todos os que asistimos.
O sábado 19 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca de Bertamiráns participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.

O pasado mércores 16 de outubro os nenos e nenas da biblioteca de Bertamiráns puderon gozar dos contos e cancións cos que nos agasallaron Pavís Pavós.
Bruxas e animais axudáronnos con música e cancións a desfrutar de contos populares e tradicionais.
Pasámolo xenial.

O pasado martes 29 gozamos co Dr. Tilla e os seus contos, a través dos que aprendimos a enfrentarnos á horrible enfermidade que causa o virus do machismo.
O pasado xoves 3 de outubro na biblioteca de Bertamiráns máis de 20 nenos e nenas gozaron das historias de Micifú, do Loboferoz e ata bailamos e cantamos con historias que nos fixeron reflexionar sobre a importancia da igualdade.
O pasado mércores 25 coñecemos a Carolina, unha galiña que ten as cousas claras desde pequena e ao longo do espectáculo fomos vendo como se convertía nunha galiña empoderada, defensora da amizade e da igualdade.
O venres 20 de setembro os rapaces e rapazas inscritos no obradoiro Búscanse valentes. Inspiración poética crearon verdadeiras xoias artísticas combinando imaxes e pequenos poemas nos que apreciamos reflexións ben interesantes.

O mércores 18 de setembro máis de 50 persoas entre grandes e cativos gozamos dun estupendo espectáculo da man de Manuel Solla no que escoitamos contos, cantamos cancións, xogamos a imitar aos animais e ata vimos maxia. Unha estupenda tarde!
O pasado xoves os rapaces e rapazas que se achegaron á biblioteca de Bertamiráns participaron dunha sesión ben interesante. Da man de Ana Hermida e de contos coma Artur e Clementina, Maruxa ou A historia dos bonobos con lentes entre outros.. xogaron, escoitaron, compartiron e refelexionaron sobre a igualdade entre xéneros.



Séguenos