Pakolas: Ti debuxas, eu c@nto con Ramona Órbita. Pakolas e Laura Romero 18/07/2022
As 11. 00 h., recibimos a visita de Pakolas e Laura Romero, co seu espectáculo: Ti debuxas, eu c@nto con Ramona Orbita:
espectáculo onde a interacción coas nenas/os, a música e os contos, e os debuxos en directo de Laura Romero, quen o acompaña cun montón de cores, se goza da música moi rockeira e do debuxo. Paco Cerdeira guiaranos coa súa forza interpretativa e humor por todas as historias de Ramona Órbita, coa súa voz e tocando a guitarra ao vivo, con Laura aos pinceis, dando unha nova dimensión visual. Paco ven de editar na Ed. Galaxia-Sonárbore o libro-cd Ramona Órbita, a dona do tempo que recolle as cancións, contos e ilustracións.






Cantando os cantares é un percorrido a traves do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Farémolo a través da música, cantando varios dos poemas do libro e explicando o contexto e a temática desta importante obra da literatura galega, adaptada ós máis pequenos, axudándonos para facelo de diferentes técnicas de contacontos, ilustracións etc. Veremos que os problemas e as alegrías que tiña a xente daquel entón non distan moito dos que temos hoxe en día e falaremos de como Rosalía protestou polas inxustizas por medio do seu arte, a poesía.
espectáculo de maxia con Pedro Bugarín, un espectáculo totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor, o cal fixo as delicias dos nenos.





Séguenos