Palma repalma, contos para bebés con Pavís Pavós en Fene
Tarde de sol como facía moito que non víamos, pequenos cos seus pais e nais e cancións, rimas e contos grandes e pequenos para animar

Contos para bebés
Tarde de sol como facía moito que non víamos, pequenos cos seus pais e nais e cancións, rimas e contos grandes e pequenos para animar

Contos para bebés
O día 2 de outubro as 18:00 Fátima Fernández nos contou unha boa chea de contos de animais cos seus medos, fixonos rir, fixonos berrar, pero sobretodo disfrutar da sua maleta chea de contos
Nestas últimas tardes de calor conseguimos encher a zona infantil coas familias e os nenos que viñeron dende todas partes do concelllo a disfrutar dunha profesional da narración coma Fátima que sempre conecta co público infantil tanto coma cos seus pais.
Na tarde do 2 de xuño veu Fuco o rato de Lonxedetodo a traer os contos preferidos dos ratos da biblioteca.
Cun feixe de contos de ratiños pequenos e outros animais pasamos unha tarde estupenda con Trinketrinke e as súas sempre boas animacións á lectura. Os nenos disfrutaron das historias tanto, que as quixeron levar despois para as súas casas.
Deste xeito tan divertido despedimos os contacontos e as actividades ata despois do verán, para repoñer forzas e voltar no outono con máis actividades na biblioteca.
O día 20 de maio celebramos as letras galegas na Biblioteca de Fene co contacontos de un clásico “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak narrado por Sherezade Bardají e que acompañou cunhas sombras chinesas.
Para a grande maioría dos nenos e nenas asistentes foi todo un descubrimento esta narración chea de monstros e sorpresas.
No día do libro pasamos unha tarde divertida cos “Contos de sobremesa” de Pablísimo, cos seus contos breves cheos de elementos visuais que acompañan as historias, fixo que nenos e adultos disfrutaran dun bo feixe de narracións algunhas coñecidas e outras non tanto.


Séguenos