Biblioteca Municipal de Ordes. Día das bibliotecas.
Día das Bibliotecas. Contacontos “Duende Dadá”. 
Día das Bibliotecas. Contacontos “Duende Dadá”. 
O venres 19 de outubro “Tardes de contos e Lendas” foi un éxito. Facendo biblioteca!!

“TARDES DE CONTOS E LENDAS” CONTOU O VENRES 27 DE OUTUBRO COA ACTUACIÓN DO GRUPO “TROPA DE TRAPO”
PASÁMOLO MOI BEN!!
“Tardes de Contos e Lendas” contou nesta ocasión coa actuación do grupo “Pavís Pavós” . O venres 22 de setembro , bebés e familias pasárono moi ben atendendo ás historias e cancións, e participando moi activos en todo o que lles propoñían. Facendo biblioteca!!!!
O venres 19 de maio estivo Marisa Irimia na Biblioteca Municipal de Ordes, para contarnos moitas historias. Acompañada do noso mellor público, levounos polo mundo vivindo doces aventuras. As nosas Letras Galegas foron ben homenaxeadas!
O venres 28 de abril, estivo na biblioteca Fátima Fernández coas súas “Historias doces e salgadas”. Contamos tamén co mellor público do mundo!
O venres 30 de setembro, tivemos a visita de Fátima Fernández. Os seus “Contos revoltos” foron moi interesantes. Historias de suspense e animais, de bosques…cargadas de valores. O noso público, o mellor do mundo. FACENDO BIBLIOTECA!!!



“O GAITEIRO CABEZUDO” PECHOU A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA BPM DE ORDES.
O venres 29 de abril tivemos na Biblioteca Municipal de Ordes o grupo “Xarope Tulú” coa actividade “A falta de pan, bos son contos”. Estivo xenial. Grazas a vós, unha vez máis, a biblioteca énchese de vida!!!!!


O venres 18 de marzo tivemos con nós a Carmen Domech na Biblioteca Municipal de Ordes. O seu “Contacontos de libros contentos”, fíxonos disfrutar moito. O seu paraugas, precioso, está cheo de fermosas historias, e os libros cheos de aventuras….e de sorpresas!! Grazas a toda a xente que nos acompañou. FACENDO BIBLIOTECA!!!



Séguenos