O 14 maio na programación da semana das Letras Galegas, achegóuse á biblioteca municipal de Oroso, Elefante Elegante, para divertir aos máis pequenos co contancontos “O aviador”. Máis de 40 nenos, xunto cos seus pais desfrutaron dunha actividade moi animada e divertida.
O día 23 de abril a biblioteca municipal de Oroso celebrou o día do libro cun contacontos “O soño do rato” realizado por Olga Abad. Despois, os nenos e nenas escolleron na sala infantil os libros con historias de diferentes lugares do mundo nos que se imaxinan que podería viaxar o rato César, protagonista do contacontos.
O día 15 de maio Talía Teatro representou “Pequena” dentro da programación da BPM de Oroso para a celebración das Letras Galegas 2013. A protagonista fixonos reflexionar sobre o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden ser as cousas grandes. Historia da que gozaron grandes e pequenos do noso concello.
O día 13 de maio dentro da programación da semana das Letras Galegas na sala infantil da biblioteca municipal de Oroso tivo lugar o obradoiro “Títeres nas mans” no que os nenos/as crearon sobre as súas mans os personaxes das historias que ían inventando.
O día 23 de abril con motivo do día internacional do libro na sala infantil da biblioteca municipal de Oroso celebrouse o obradoiro “Instantáneas de plastilina”. Os participantes a través da plastilina déronlle vida aos personaxes das súas historias.


Séguenos