Contos de Lobos en Porto do Son
Un ano máis os ghazafelhos fixeron acto de presenza no concello de Porto do Son, e divertiron ós nenos (e maiores) coa súa actuación.

Un ano máis os ghazafelhos fixeron acto de presenza no concello de Porto do Son, e divertiron ós nenos (e maiores) coa súa actuación.

A Fada do saco Verde visitou Porto do son, e compartiu cos nenos a súa sabedoría, contos, e cancións.

Aida Cobas caracterizada como a Fada
O cociñeiro Hugo, de Garwy Servizos & Eventos, recalou o sábado 28 na Biblioteca Municipal Xerardo Díaz de Porto do Son para entreter ós rapaces coas suas cancións e historias co tema central da igualdade. Os nenos pasaron unha mañá divertida na súa agradable compaña.
Trinquetrinke recalou en Porto do Son este fin de semana, onde o sábado 21 encandilaron ós nenos (e mesmo ós maiores) na Biblioteca Municipal coa actuación “Os Ratos de Lonxedetodo”, representación teatral cómica amenizada con lecturas de libros infantís e actuacións musicais.
O sábado 14, na Biblioteca Municipal “Xerardo Díaz”, os nenos de Porto do Son tiveron a ocasión de pasar unha mañá entretida co obradoiro de manualidades “Conto Máxico” realizado por “A Escola das Utopías”, no que crearon seu propio conto ilustrado por eles mesmos.
O sábado, 7 de maio visitou a Biblioteca Xerardo Díaz de Porto do Son o Mago Paco, co seu espectáculo “Contamaxias”
Actividade divertida e dinámica. O Mago Paco conseguiu arrincar o sorriso e admiración do público asistente utilizando trucos de maxia. Os nen@s puideron interactuar co mago e mesmo lograron realizar algún truco. Todo esto con varios relatos de literatura infantil como fío conductor.
Esta actuación enmárcase dentro das actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias públicas de titularidade municipal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
![]()
Os rapaces de Porto do Son desfrutaron dunha mañán cun Obradoiro de Ilustración a cargo de Santy Gutiérrez na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz de Porto do Son.


No día de onte Iseo a Moura representou “Se as árbores falaran” preto da Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz. Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, reistiu. Ela vai averiguar por qué a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte. Historia que mantivo aos cativos atentos toda a función.
No día de onte os nen@s sonenses e visitantes desfrutaron cunha sesión de contacontos na man dunha soprana de luxo que fixo a mañán dos cativos moi divertida.

O sábado 17 de Outubro ás 11:00h. a BPM Xerardo Díaz Fernández, encheuse de xogos malabares e gargalladas ante esta nova versión dun clásico da literatura infantil.


Séguenos