O Mago Paco en Porto do Son
O sábado, 7 de maio visitou a Biblioteca Xerardo Díaz de Porto do Son o Mago Paco, co seu espectáculo “Contamaxias”
Actividade divertida e dinámica. O Mago Paco conseguiu arrincar o sorriso e admiración do público asistente utilizando trucos de maxia. Os nen@s puideron interactuar co mago e mesmo lograron realizar algún truco. Todo esto con varios relatos de literatura infantil como fío conductor.
Esta actuación enmárcase dentro das actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias públicas de titularidade municipal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.