A importancia da nutrición co raposo Rufo en Santiso
Os nenos/as de Santiso aprenderon a comer de maneira saudable e de forma divertida co raposo Rufo.

Os nenos/as de Santiso aprenderon a comer de maneira saudable e de forma divertida co raposo Rufo.

A través dos contos e da maxia co Mago Paco pasamos una mañá moi divertida na Axencia de lectura de Santiso.

A cinecleta chegou a zona exterior da axencia de lectura de Santiso, para pasar una mañá moi entretida e coñecer a través de contos un pouco da historia do cine.

Este mércores en conmemoración do día da biblioteca, chegaron a Axencia de lectura de Santiso varios contos para a igualdade de xénero a cargo de Athenea García ( Xarope Tulú). Desta actividade participaron e disfrutaron os escolares do colexio de Arcediago.

O mércores 16 de outubro a actividade de “Ultrahorta, A Superheroína de horata e saúde” reibiu a preto de 50 nenos e nenas, os cales aprederon de cerca contos sobre a horta e coñeceron os productos desta tempada. Foi una actividade moi entretida e na que apredemos moito.

O venres 13 de setembro o contacontos Carballo con Botas visitou a nosa axencia de lectura para contar sobre a igualdade e facer un obradoiro de corazóns con novas de xornais reciclados. Foi unha actividade lúdica coa que disfrutamos todos/as os asistentes a na que nos concieciou sobre a temática da igualdade. 
O luns 29, co gallo do día da Biblioteca, tivemos en Santiso a actuación do mago Pedro Bugarín.
Foi unha actuación con maxia e obradoiros que lles encantou aos participantes.

O pasado venres día 20 de xullo, a nosa Axencia de lectura convertiuse nun mundo máxico co mago Pedro Bugarín. Participamos na súa maxia e descubrimos pequenos magos en prácticas. Foi moi entretido e disfrutaron tanto os grandes como pequenos.


O pasado venres día 6 de xullo, na Axencia de lectura de Santiso tivemos un obradoiro de globoflexia moi entretido. Había preto de 85 nenos e nenas con ganas de aprender a facer todo tipo de formas con globos e conseguírono.
Foi unha actividade moi bonita e divertida.
O venres 21 de xullo Pakolas animou a mañá cos seus contos e cancións na Axencia de Lectura de Santiso, os preto de 50 nenos e nenas estiveron moi entretidos e contentos, cantando e bailando con el.



Séguenos