Filipa cos contos 2022 en Chantada
O sábado 14 de maio tivemos a visita de Fran Campos acompañado da súa guitarra e de Filipa. Entre os dous tiveron unha sesión moi animada de contos.

O sábado 14 de maio tivemos a visita de Fran Campos acompañado da súa guitarra e de Filipa. Entre os dous tiveron unha sesión moi animada de contos.

O sábado 7 de maio Polo Correo do Vento visitou a biblioteca municipal de Chantada para achegarnos á figura de Florencio Delgado Gurriarán, coa actividade “Florencio Delgado Gurriarán. De valdeorras a México.”
Valéndose dos contos, a música e as ilustracións, fixeron que pasaramos unha agradable sesión. Os máis pequenos axudados polo ilustrador do grupo Carlos Taboada, fixeron cadansúa caricatura do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.





O sábado 23 de abril na sala infantil da biblioteca municipal do Concello de Chantada, tivemos a actuación de Elisa e Ian para celebrar o Día do Libro.
Tanto nenos como maiores gozaron moito dunha actividade participativa na que a través dos contos nos amosaron varios trucos de maxia e sombras chinesas.


Hoxe ás 12.00, puidemos gozar do espectáculo Maxia divertida 3.0, do Mago Paco. A actividade foi moi divertida e participativa.

Hoxe ás 12.00 os nenos e nenas de Chantada pasaron un anaco de lecer moi dinámico co Conto -concerto para montar a túa “Banda de Verán” da man de Xoán Curiel.
O concerto tivo lugar na praza do Cantón a carón da biblioteca municipal.

Hoxe mércores tivo lugar a actuación de Títeres Cachirulo co espectáculo A cabeza do dragón.
Numeroso público infantil e familiar puideron gozar desta actividade xa que se fixo na praza que está a carón da biblioteca podendo respectar as medidas de seguridade anti covid.



O mércores día 4 tivo lugar en Chantada a actividade “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos.
Debido á situación actual de pandemia esta actividade levouse a cabo na praza a carón do edificio da biblioteca municipal, coa asistencia de numeroso público tanto infantil como adulto.
Onte 27 de agosto, na praza a carón da Biblioteca Municipal de Chantada puidemos gozar do espectáculo: “As parábolas de Pakolas”, no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil-familiar, con música de estilo moi rockeiro que gustou a pequenos e adultos. Fixo un combinado de cancións coas historias que nelas se recollen, sempre cunha mensaxe final. Actividade moi participativa e amena.



Hoxe ás 12.00 tivemos a actuación de Migallas na Praza da Paz do Concello de Chantada, onde preto dun cento de persoas de público familiar, puido asistir a actividade Cantacontos.

Onte xoves 13 de agosto ás 12.00, Mere clown, Moc Moc, amenizounos cunha adaptación do Frautista de Hamelin, aderezada con humor e xogos malabares.
A actividade realizouse na praza na que está ubicada a Biblioteca para poder manter as distancias de seguridade.



Séguenos