A BIBLIOTECA JUANA IBARBOUROU DE LOURENZA CONMEMORA O DIA DO LIBRO

Unha actividade onde a música e a voz fixo o deleite dos asistentes, achegando a poesía musicalizada á infancia

Unha actividade onde a música e a voz fixo o deleite dos asistentes, achegando a poesía musicalizada á infancia
o día 24 de outubro a Biblioteca Municipal do Concello de Lourenzá agasallou ós seus lectores e lectoras cun espectáculo moi novedoso titulado ” a miña biblio mola “; onde 50 nenos e nenas participaron na creación dun videoclip lúdico para mostrar a súa biblioteca.

o día 16 de maio a biblioteca de Lourenzá celebrou o dia das Letras Galegas cun conta contos no que participaron 120 nenos e nenas .Estivo a cargo do artista Manuel Solla Barragáns<, e na mencionada actividade os asistentes desfrutaron coa palabra, os xestos e a propia participación dos asistentes.

A Biblioteca Municipal de Lourenzá celebrou o dia do libro cun espectáculo titulado Bibliocanta, onde os nenos e nenas participantes desfrutaron dos ditos de antes e bailaron ó son de cancións de antaño
Dunha maneira divertida os nosos lectores e lectores achegáronse ó mundo dos nosos antergos a través do traxe rexional.

O día 21 de abril a Biblioteca de Lourenzá coincidindo coa semana na que se celebra o día do libro mergullouse cos Quinquilláns nos mares e océanos dos libros para descubrir a lenda de por qué a auga do mar é salgada.

o día 22 de abril a biblioteca de Lourenzá celebrou o dia do libro cun contacontos a cargo de Raquel Queizás baixo o título a ” a maleta da avoa”, onde os máis pequenos desfrutaron cos contos.

o día 4 de xuño a biblioteca de Lourenzá celebrou o día do medio ambiente co conto titulado Violeta a carteira volvoreta a cargo da As. Mau. Onde os participantes aprenderon o valor polas nosas fragas e fauna

o día 23 de abril a actriz Raquel Galavis deleitou aos nenos e nenas poñendo en escea o conto de”Elvis ” acompañando a actuación con música de guitarra.


Séguenos