O martes 16 de xullo , nas instalacións da piscina municipal de Sober tivemos un obradoiro de cociña infantil e familiar impartida polos cociñeiros e mestres “chef” da Escola de Hostelería de Rosende, David Cidre e Miguel A. Caruncho. Despois duns consellos previos ( lavar as mans) os nenos e nenas puxéronse coas mans na masa para elaborar galletas e facer un boliño de pan cocido no forno eléctrico desta cociña improvisada de verán.
O 14 de maio estivo na Biblioteca de Sober NATI da Compañía Sarabela Teatro que nos acompañou, durante case 90 minutos, cós seus contos . Participaron os alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober, os nenos do PAI do Concello e tamén asistiron como invitados un grupo de adultos do Centro de Día Agora de Monforte de Lemos. A partir das 12h., Nati fíxonos vivir outros mundos, coñecer outras culturas gracias a súa gran interpretación e exprexividade. O público asistente participou activamente , xogando coas palabras que a profesional do teatro nos propuxo. A actividade realizouse no salón de actos da Casa da Cultura de Sober , pois a Biblioteca Municipal quedábase pequena para acoller a todos os invitados que acudiron este día convocados pola Biblioteca.
Séguenos