LEO LEIÑO CON “MAXIA E HUMOR-ENTRE LIBROS ANDA A MAXIA” NA BIBLIOTECA DE A RÚA
O sábado 14 de maio LEO LEIÑO visitou a Biblioteca Pública Municipal de A Rúa coa actividade “Maxia e humor. Entre libros anda a maxia”. Achegáronse a biblioteca moitos nenos acompañados por papás e tamén algún avó. Tanto os nenos coma os grandes gozaron dos diversos números de maxia e historias , entre elas a de “Vermelliña”, que fixeron a ledicia de todos os asistentes. Os nenos prestáronse encantados como axudantes de maga para realizar algúns trucos: o canciño branco, a fonte , o abano, …. Unha mamá tamén se ofreceu voluntaria para o número do “anel”. Todos saíron encantados da función.



Este luns-25 de abril- a Biblioteca Pública Municipal, recibiu a visita de MAGIN BLANCO con “Libros en-cantados”, actividade programada para celebrar o “Día do Libro”. Participaron 21 alumnos de 1º curso de primaria do colexio Manuel Respino e 48 do colexio Pablo VI-Fátima, con idades que van dos 3 ata os 8 anos. Os nenos pasaron unha mañá entretida e musical na compaña de MAGIN BLANCO. Unha hora de historias, cancións e diversión na que os pequenos cantaron e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista. Todo isto baixo a atenta mirada de Manuel María, Alicia, Quijote e Sancho, que conformaban o decorado da actividade.



















![contos de peto 2[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/04/contos-de-peto-211-300x195.jpg)
![contos de peto 3[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/04/contos-de-peto-31-300x185.jpg)
![100_0100[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/04/100_01001-300x225.jpg)
![100_0106[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/04/100_01061-300x225.jpg)



Séguenos