08/08/2016
Viravolta Títeres, da man de Anxo García Fernández, trouxonos o espectáculo, o 7 de Agosto, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.
A ac
tividade levouse a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.
“Cocer e cantar”:
Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

Máis info: www.bibliotecadeverin.es
Séguenos