Proxección do documental “VÉRTICE DE VERSOS” na BPM de Viana do Bolo


Mircromina Teatro de Títeres visitou onte á Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo para representar o seu espectáculo “Cousas de Casas”.
A actividade achega á cativada conceptos tales como a conciliación, a corresponsabilidade no fogar, a igualdade… Todo isto contado a través dunha historia chea de música e diversión.
A rapazada asistente riu, cantou e implicouse no espectáculo dende o comezo ata o fin.

O pasado venres 22 de outubro contamos coa presenza da escritora María Canosa na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo
Canosa conta con máis de 50 obras publicadas e 10 premios literarios é , hoxe en día, un dos referentes da literatura galega actual. Con ela repasamos a interesante vida e obrade Emilia Pardo Bazán no ano que se cumpre o centenario da súa morte.
A actividade contou coa presenza dunhas 20 persoas que gozaron da exposición de María e que se implicaron no percorrido pola biografía de Pardo Bazán, unha das autoras galegas máis importantes.
Onte tivo lugar na BPM de Viana do Bolo o interesante e divertido obradoiro “Dende Exeria a Xela Arias”.
Un obradoiro no que os/as participantes repasaron a figura de importantes escritoras galegas. Un itinerario que no que afondamos na obra e na vida de grandes referentes intelectuais coma Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Filomena Dato, Exeria, Xela Arias…
Unha actividade xenial para conmemorar o “Día das Escritoras”.
Sarabela Teatro representou onte na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo o seu espectáculo de narración oral “Naturizo e o espírito do bosque”, no que se narran as historias e aventuras deste peculiar ourizo cacheiro.


O domingo 6 de outubro ás 20 horas tivemos o pracer de contar coa música e poesía de Xoán Curiel, que achegou a Viana o seu espectáculo “Pobre poesía”. Un compositor, guitarrista e cantante galego moi recoñecido que deleitou ao público asistente cos seus fermosos temas (poesía de Rosalía de Castro, de Rosalía Fernández Rial, Álvaro Cunqueiro, Antonio Fraguas e moitos outros/as poetas galegos.
Todo un luxo contar coa súa presenza na BPM de Viana do Bolo!!

O sábado a tarde tivemos o pracer de contar unha vez máis con Sarabela Teatro e o seu espectáculo “Noa no espello”. Unha actividade divertida e dinámica que contou coa colaboración dun público cativo moi entregado. Pequenos/as e maiores gozaron disfrazándose, cantando e bailando con “Noa no espello”.

Onte tivo lugar na BPM de Viana do Bolo un divertido Obradoiro de Globoflexia.
Os/as participantes gozaron dunha tarde chea globos, pero tamén maxia, contos e moita música.

O pasado xoves pasado contamos coa presenza de Paco Cerdeira “Pakolas” e Laura Romero, quenes co seu rock, n roll e ilustracións puxeron en pé a un público con moitas ganas de bailar e divertirse.

O Mago Teto encheu o Salón de Actos da Casa da Cultura de Viana do Bolo co espectáculo “As nosas Letras”. O pasado xoves 22 de agosto ao redor de 150 persoas acudiron a desfrutar deste gran mago vianés que abraiu a grandes e pequenos coa súa maxia arredor dos/as grandes escritores e escritoras galegas.


Séguenos