“A CIENCIA DE HARRY POTTER” NA BIBLIOTECA DE VILAR DE SANTOS
O venres, 9 de outubro, desfrutamos da Ciencia de Harry Potter de Ceo Aberto na biblioteca de Vilar de Santos.
Unha actividade moi interesante e con moi boa acollida entre os asistentes, na que a través de distintos experimentos, todos eles moi ben explicados por parte de David Ballesteros, puidemos percorrer o mundo creado por J.K. Rowling visto dende o punto de vista científico.
Durante o desenvolvemento desta charla científica, puidemos comprobar canto de realidade hai no relativo á maxia de Harry Potter e descubrir que cousas dese máxico mundo poderían ser factibles na realidade e cales se quedarían soamente en ficción.
Unha actividade sen dúbida moi recomendable.



















Séguenos