A TITIRICLETA DE CARBALLO CON BOTAS CHEGOU A DARBO
O pasado 25 de Outubro tivemos na Biblioteca de Darbo una visita moi especial. Carballo con Botas chegou montado na Titiricleta acompañado dos seus monicreque solidarios. Desfrutamos moito das historias que nos trouxeron dende distintos lugares do mundo.






O pasado Xoves, 20 de outubro, Atenea de Xarope Tulú visitounos co seu espectáculo “A falta de pan, bos son contos”. Contounos entre outros: Sopa de rato, A figueira de Pelostortos, Sal e azucre… cunha moi boa interpretación dos distintos personaxes e unha gran dose de humor. Entre conto e conto houbo tamén algunha que outra adiviña. Nenos e maiores desfrutamos moito da actuación.







Séguenos