“Historias correntes de xente diverxente” na Biblioteca Municipal de A Guarda

Bego Bras estivo o día 14 de setembro na biblioteca cun contacontos sobre igualdade e diversidade no que participaron nenas, nenos e familias. A continuación, os asistentes desfrutaron do mini obradoiro teatral “Como se ergue un neno pola mañán. E unha nena?”

Sabela é, en aparencia, unha nena coma outra calquera: chea de soños, valente, aventureira, alegre. Pero ao afondar na súa historia descubrimos que hai moi pouco tempo que se chama así, antes era Daniel. Por medio de contos, cancións, teatro e divertidas sorpresas, consigue dun xeito moi acertado a concienciación da identidade e igualdade de xénero, así como poñer en valor a dignidade de todas as persoas.





















Séguenos