De picnic con Pérez&Fernández en Tirán
Moi divertido foi este venres na biblioteca de Tirán o picnic da compañía Pérez&Fernández en inglés e galego coa tradución en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.

Moi divertido foi este venres na biblioteca de Tirán o picnic da compañía Pérez&Fernández en inglés e galego coa tradución en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.

O venres tivemos a fortuna de disfrutar da impecable actuación de Ignacio Vilariño exorcizando, a través de contos e cancións populares galegos de medo, os canguelos infantís . Coma sempre, coa presenza das intérpretes en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA

O pasado venres en Tirán mergullámonos no universo de Magin Blanco nunha contada chea de música e soños. Coma sempre, a lingua de signos estivo presente coas intérpretes da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.


Para Xan Perillán a gracia de ir a Pernambuco non está en pillar o primeiro avión e viaxar á costa brasileira, está en preparar a maleta das ilusións.
A obra contou con intérprete en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia (XOGA)


No Ler conta Moito deste venres cos Quinquilláns puxémonos o reto de representar unha obra teatral express e moi participativa e abofé que o logramos grazas a unha animada e numerosa concurrencia infantil e ó amor parental.
https://es-es.facebook.com/rechouchios/videos/475837219573026/


Este pasado venres as nenas e nenos de Moaña mergulláronse no universo literario de María Victoria Moreno a través dos contos de Marta Ortiz e a súa Festa no Faiado

Este venres, 8 de xuño, na Biblioteca Municipal de Moaña escoitamos moitas historias de raposas
nas que o noso repertorio de tradición oral é tan xeneroso. Contada lúdica de Raquel Queizás pero non exenta da correspondente e necesaria moralina.


O pasado venres en Tirán Sarabela Teatro, con “Isto non é unha caixa”, regalounos un precioso espectáculo. Unha viaxe pola imaxinación acompañado de música e mímica.
Percorremos o espazo, o sol, o mundo, a nube e o vento. Tamén a gran muralla.
Sen dúbida foi moito máis que unha caixa.

Para celebrar do Día das Letras Galegas o pasado día 18 de maio aterraron en Moaña os Ghazafelhos que nos invitaron, na súa máquina do tempo, a viaxar á época cavernícola. Moita sorrisa e disfrute da compañía dos seus por parte dos adultos e gran participación do público infantil. A obra é moi divertida, con diálogos que tamén fan chiscadelas ao público adulto.
Unha científica presenta unha máquina do tempo. O seu axudante métese na máquina e percorre diferentes etapas históricas: idade de pedra (o axudante é un neardental e saen nenas e nenos voluntarios a cazar un mamut) antigo exipto (o axudante é un emperador e saen montar unha pirámide) idade media (o axudante é un rei e saen a facer unha danza) renacemento (o axudante é Leonardo da Vinci) e idade moderna (o axudante é Neil Armstrong). No remate cántase unha canción sobre a cooperación como motor da historia.


No foi casual a elección de Raquel Queizás e a súa serea narradora de contos nacidos do mar. As nenas e nenos moañeses viven con intensidade a relación co mar da ría e para eles os seres fantásticos que nel habitan son menos ilusorios que reais. Gran asistencia e moita participación.


Séguenos