Gloria Mosquera en Moaña


A Biblioteca de Moaña, ateigada de nenas e nenos, bailou con Gloria Mosquera e os seus libros musicais de Mamá Cabra.


A Biblioteca de Moaña, ateigada de nenas e nenos, bailou con Gloria Mosquera e os seus libros musicais de Mamá Cabra.

Maxia galega con moita dose de humor. Leo Leíño é unha maga libreira que con filtros e pócimas e cunha boa lista de trucos máxicos fixo crible o incrible nunha sesión fantástica moi participada polo público infantil

Os contos “comechíns” axudan a superar os prexuízos culinarios dos que son cada máis víctimas os nosos cativos. Que vivan a verduras, as zenorias e as legumes. Historias do sentido común para combatir as absurdas e caprichosas intolerancias alimentarias. Gran ambiente familiar

Cabaret Infantil Prodixio regalounos unha selección de contos nada casual (“Rosa Caramelo”, “O hipopótamo” ou “Unha pantasma con asma”.. ) que, agás da súa gran calidade narrativa, abordan de xeito maxistral para os máis cativos cuestións tan importantes como a igualdade, a liberdade ou a amizade poñendo énfase na superación social dos estereotipos, das discriminacións, pero tamén dos nosos medos e das noas soidades. Gran ambiente familiar e ánimo moi participativo do noso público

Papi e Mami, grupo formado por María Faltri e Jorge Juncal, acompañados polo actor Lois Soaxe e o contrabaixista Juansi Santomé, é un soplo de aire fresco no panorama da animación intantil galega. O seu espectáculo ” Fantasía coas palabras, música co abecedario”, con cancións tenras de ritmos pegadizos arredor do mundo da palabra e da lectura, levantou pasións no auditorio da nosa biblioteca.

Un grupo nutrido de nenas e nenos participaron activamente na proposta narrativa de Raquel. Diferentes historias de diversos países do mundo onde, a xeito de fábula, os animais son os protagonistas. Utilizou obxectos do cotián, títeres e música que imprimiron un gran dinamismo a esta contada.
“Pura palabra” é simple oralidade, una función a cargo de Sole Felloza sen artificios pero moi xestual, son contos con moita moralexa e cancións participativas para os máis cativos.
Migallas goza dunha grande popularidade entre o público infantil de Moaña, así que a nosa biblioteca a duras penas puido dar cabida a tanta concorrencia cómplice. As cancións e a narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, fixeron as delicias de pequenos e maiores
O venres, 8 de maio ás 18:00 horas, Magín Blanco congregou a un grande números de nenos acompañados de nais, pais, avoas e avós, que disfrutaron e participaron moi activamente nesta interesante proposta de narración musical
A ONG Solidariedade Internacional de Galicia ven traballando desde 1986 a favor das poboacións en países de América Latina, África e a conca do Mediterráneo. Entre as súas prioridades destaca a realización de campañas de animación e de sensibilización dirixidas ós nenos galegos, como a que tivemos a oportunidade de disfrutar este venres na nosa biblioteca. A animadora, María, coa finalidade de facilitarlles ós nenos unha visión intercultural da realidade dos países latinoamericanos, narroulles contos populares, achegándolles ademáis curiosidades, costumes e información xeográfica de cada un deles.


Séguenos