Contos para pasalo de medo en Cordeiro
Par celebrar o día da Biblioteca e na proximidade do samaín Carmen Domech veu contarnos contos terroríficos coa súa amiga a señora Antonia.
.

Par celebrar o día da Biblioteca e na proximidade do samaín Carmen Domech veu contarnos contos terroríficos coa súa amiga a señora Antonia.
.

A Biblioteca Pai Isorna converteuse esta mañá nun Museo Científico formado por máis de vinte obxectos co lema “Prohibido non tocar”. Esta actividade de divulgación científica da compañía Ciencia en Movemento foi o último obradoiro programado polas Bibliotecas Municipais para fomentar a lectura entre os máis novos durante este verán.
Espertar a curiosidade dos rapaces e que realizasen os seus primeiros experimentos cos que aprender xogando era o obxectivo da actividade, e abofé que o conseguiu xa que os nenos comprobaron, sorprendidos, como a ciencia cambia e inflúe en moitos aspectos da súa vida cotiá.



Juan Juste contounos historias utilizando a combinación de técnicas como a manipulación do kamishibai e técnica lumínica emaki (teatro tradicional xaponés),escenarios despregables pop-up e revisións persoais do teatro de papel.


Marta veu a nosa biblioteca a contarnos uns contos de María Victoria Moreno, pasámolo moi ben escoitando e tamén preguntando e participando na actividade.
Na biblioteca cheira a marmeleiro, anís e limón, arrecendos que acompañaron os contos de Marisa Irimia.

Hoxe visitounos Ana e ensinounos que a ciencia tamén é divertida, fixemos volcáns, globos máxicos auga que non molla e moitas cousas máis

Filipa (moneco “muppet”) e o seu amigo Fran encheron a sala coas risas dos nenos ao contarnos os contos de Carlos Casares amenizados con música e
cancións que os nenos acompañaron todo o rato. Unha viaxe polos contos tradicionais moi entretida.

Os nenos/as, da man de Irene e dos voluntarios de Solidaridade Internacional de Galicia, achegáronse a cultura doutros países africanos como Senegal ou á maneira na que viven os refuxiados Saharauís en Alxeria, pobos con costumes, falas, paisaxes e vidas completamente distintas ás nosas.


Fátima chegou a Cordeiro cos seus contos revoltos e deu ordenado neles para contarllos aos cativos. Contos cheos de mensaxes: de igualdade, ecoloxistas, para os nenos.

Hoxe en Cordeiro as princesas non quixeron ser princesas, o lobo tívolle medo a Carapuchiña , Tarzana gañou as olimpíadas da selva…Os contos foron contados ao revés.
As contadoras souberon xogar cos contos tradicionais para fomentar a igualdade e o respecto e conseguir a participación dos nenos no seu contacontos.


Séguenos