O día 30 de xuño os contos cobraron vida en Cordeiro, saían dunha maleta…dun sombreiro…cheos de maxia e creando ilusións entre os mais cativos, grazas a Asociación Cultural Os Carballiños.
Valga celebrou o Día do Libro co obradoiro creativo de Expresións Producións: Dende o Punto ó Infinito, taller de expresión corporal e plástica con dramatización de contos, todo iso acompañado de diversión e traballo en equipo.
Na biblioteca os nenos fixeron unha representación cos personaxes creados no obradoiro.
O día 17, o Auditorio de Cordeiro encheuse de ratos cando o Grupo Trinketrinke desembarcou procedente de Lonxedetodo, para falarnos de que alí non existe a exclusión social.
” Somos diferentes, somos iguais”, actividade de promoción á lectura realizada por unha actriz, que nos fixo gozar nunha tarde repleta de contos poesías e cancións.
O día 28 de abril o autor Miro Villar estivo con nós, no Auditorio Municipal ao lado da biblioteca, para facernos unha narración, para primeiros lectores, baseada nas súas obras : Carlota a marmota, A cobiza do verme Noel e Rebelión na charca.
A este contacontos asistiron uns 30 nenos na compaña dos seus pais.


Séguenos