XOAN CURIEL NO CONCERTO DA CAPELA DO DIVINO ECCE HOMO
O día 14 de xullo disfrutamos dun concerto nun lugar moi especial.
A CAPELA DO DIVINO ECCE HOMO DE RUBIÁN- BÓVEDA
OUTRORA 2023
O día 14 de xullo disfrutamos dun concerto nun lugar moi especial.
A CAPELA DO DIVINO ECCE HOMO DE RUBIÁN- BÓVEDA
OUTRORA 2023

Onte visitounos en Esgos Anxo Moure para contarnos historias de bosques coas que aprendemos moitos nomes de árbores, a coidar o medio, cantigas…





O martes día 11 viñeron visitarnos á biblioteca Ana e Carla co seu taller de ciencias “Heroes para a ciencia”. Fixeron varios experimentos e despois en dous equipos foron os propios rapaces os que se puxeron a facelos.
Foi unha actividade moi divertida e interesante. Todos os nenos aprenderon moitas cousas.
Moitas grazas pola vosa visita, volveremos vernos para seguir aprendendo.
Onte día 19 de xullo ás 12:00 horas, os nenos e as nenas que participan nun campamento de verán foron a biblioteca e pasárono en grande cos experimentos de Ciencia divertida. A través destes experimentos déronlle a coñecer a figura do escritor Xulio Verne e algunhas das súas obras como “20.000 leguas de viaxe submarina, Viaxe á lúa, A volta ao mundo en oitenta días…

O pasado venres, 14 de xullo, recibimos na BPM de Vilar de Santos a visita da “Ciclobiblioteca” da man de Anxo Moure, tanto nen@s como maiores desfrutamos moito desta actividade e pasamos unha mañá moi amena e entretida.

O 19 de xullo os nenos de Vilasantar, coñeceron algo mais de Martín Códax e as súas cantigas, e deseñaron a súa propia bolsa, gracias a Sheila García Prado.


Onte tivo lugar en Ourol a actividade “Cociñando contos pola nosa saúde”. Os rapaces pasaron un momento moi agradable con Lucas, traballaron a imaxinación e aprenderon como coidarse e como coidar o planeta.
O luns 17 de xullo Xela convidounos as súas aventuras. Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os recursos que temos e busca que as persoas miúdas queran coidar do territorio.

Narrado por Inma a súa autora no exterior da biblioteca.
O pasado 14 de xullo, tivo lugar a actividade ABELLAS con Avelino González, buscando promocionar a lectura na biblioteca Municipal de Riós . Tratouse dunha actividade moi divertida, creativa e innovadora.
Os/as máis pequenos/as puideron aprender en que consiste ser apicultor/a, apreciaron os produtos do mel e os seus derivados e tamén contaron coa colaboración do noso apicultor premiado pola calidade do seu produto David Souto Gago. Toda unha experiencia interactiva. MOI RECOMENDABLE!!!





Séguenos